Viveiro reforza a limpeza das súas praias para loitar contra a covid

O Concello reforza os traballos de mantemento nos areis, dous dos cales contarán con socorristas.  

Bandeira azul na praia da Area de Viveiro / Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro presume das súas praias das que di que destacan pola calidade das súas augas e servizos, contando con certificacións e recoñecementos que avalan esta calidade. E, para manter esa situación, o concello decidiu, ademais, reforzar a limpeza das mesmas para tentar manter afastado o Covid.

Nun comunicado, salienta que as praias de Area e Covas contan coa bandeira Q de Calidade Turística, que é unha distinción que o “Instituto para la Calidad Turística” outorga todos os anos ás praias e instalacións náutico-deportivas que rozan a excelencia.

Na praia de Area ondea, ademais, a Bandeira Azul, para o que se esixe o cumprimento dunha serie de requisitos de legalidade, accesibilidade, sanidade, educación ambiental, limpeza e seguridade. Precisamente, este areal, xunto co de Covas contarán con servizo de socorrismo de 12:15 a 19:45. Igual que os restantes municipios galegos, o Concello de Viveiro tamén tivo dificultades para poder contratar socorristas, indicando, neste senso, que se continúa buscando persoal para ampliar este servizo.

 REFORZO DE SERVIZOS

Por outra banda, o Concello de Viveiro anunciou que reforza os seus servizos para manter os areais do municipio en “óptimas condicións” durante o período estival, co fin de garantir a calidade das súas praias e cumprir as medidas establecidas para a prevención da COVID-19.

Así, o goberno local reforzou os servizos de limpeza, sobre todo en aseos e duchas, ao tempo que se instalou a carteleira informativa, tanto nos paseos como nos accesos ás praias, para lembrar a normativa sanitaria.

Entre as medidas a cumprir, dende o goberno municipal quérese facer fincapé na necesidade de gardar a distancia de seguridade. Ademais, cómpre utilizar a máscara nas entradas e saídas das praias, así como cando se estea con persoas non conviventes, sempre que non se poida manter a distancia interpersoal.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here