O PP critica a “caseta antiestética” dos socorristas no paseo marítimo de Covas, en Viveiro

Os concelleiros populares piden ao Goberno Local a substituír a caseta por unha máis acorde á estética do Concello.


O PP de Viveiro critica que o Goberno Local instale por segundo ano consecutivo unha “caseta antiestética” no paseo marítimo de Covas para o uso dos socorristas. O portavoz popular, Óscar Rodríguez, destaca que é a administración quen debe dar exemplo no cumprimento das normas e no esforzo por mellorar o aspecto da cidade, tendo en conta “que os propietarios están obrigados a manter os seus pedios nas debidas condicións de ornato e seguridade”.

Os socorristas dispoñen dunha “casera de obra” metálica situada no paseo marítimo en Covas, que conta co rótulo da empresa. O PP critica que de ter algunha sinalización, debería ser exclusivamente a que identifique que servizo acolle a instalación. “É posible que sexa necesario dispoñer dun equipamento provisional como este para que os socorristas poidan prestar os seus servizos nas mellores condicións posibles. Agora ben, que teña que haber unha caseta, non quere dicir que sirva calquera“, sinala Rodríguez.

O PP de Viveiro insta ao goberno local a que substitúan dita instalación por outra cuxo aspecto se corresponda coa entorna na que se atopa, e que “no mercado hai todo tipo de casiñas e casetas por un prezo moi asumible que o Concello pode alugar ou mercar”, criticando así “o déficit de mantemento do entorno da praia do goberno de María Loureiro”, como aseguran os populares.

Ademais, recordan que os particualres teñen que atender ás obrigas en materia estética segundo o lugar no que está ubicado o inmoble e que o concello non pode “actuar como se as normas non existiran”, conclúe Óscar Rodríguez.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here