Piden cinco anos para un home por tocarlle os peitos á filla da súa parella en Viveiro

A menor, de 13 anos, desenvolveu un cadro de ansiedade e problemas de autoestima como consecuencia dos presuntos abusos.

Xulgados de Viveiro. GOOGLE MAPS

A Fiscalía pide cinco anos de cárcere para un home acusado de abuso sexual por tocarlle o peito en seis ocasiones á filla da súa parella, de 13 anos no momento dos feitos. O caso, procedente do Xulgado de Intrucción número 2 de Viveiro, será xulgado o martes 20 a porta pechada na Audiencia Provincial.

No seu escrito, o fiscal apunta que entre os meses de maio e xullo de 2018, “con intención de satisfacer os seus desexos sexuais”, o home, que convivía no mesmo domicilio coa filla da súa parella, aproveitou “momentos nos que a nai da menor estaba fóra de casa e quedaba a soas con el”, para tocarlle os peitos.

Facíao “facéndolle crer que se trataba dun xogo”, de modo que “se tiraba encima dela, para facela cóxegas” e “aproveitaba para meter a súa man por baixo da roupa e tocarlle os peitos”, explica. Estes tocamentos e esta conduta sexual produciuse ata en seis ocasións no dormitorio ou no salón e por mor destes feitos a menor desenvolveu unha elevada sintomatoloxía ansiosa, malestar emocional e problemas de autoestima.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here