Viveiro continúa avanzando na reciclaxe

300 failias xa están adheridas ao programa Viveiro Sustentable.

Compostador do programa de reciclaxe doméstica de Sogama. SOGAMA.GAL

O Concello de Viveiro continúa avanzando no seu programa de loita contra o cambio climático e defensa do medio ambiente “Viveiro Sustentable”. Un programa no que xa están involucradas máis de 200 familias e co que o goberno local pretende chegar ás 300 familias.

Por iso, proporá unha nova recollida de composteiros o martes 24 e o xoves 26 de agosto entre as 17:00 e as 20:00 no Pavillón Municipal. O único requisito é ser veciño/a do Concello, ter un pequeno xardín ou terreo e estar disposto/a e motivado/a para formar parte deste proxecto educativo e formativo.

As persoas que recollan o composteiro recibirán unha chamada para completar os seus datos, tamén poden facelo nun formulario online antes ou despois da recollida. Logo disto recibirán a visita das Mestras Composteiras que farán o labor de formación para o mellor funcionamento dos composteiros.

Preténdese con esta aposta pola compostaxe que os residuos orgánicos xa non cheguen aos colectores da rúa, pechando así o ciclo da materia nos propios fogares. Para participar de forma gratuíta no programa pódese completar un formulario (https://cutt.ly/yhO5rrF), enviar un correo electrónico a viveirosustentable@mediagesgm.com ou chamar ao número 675.507.832.

A alcaldesa, María Loureiro móstrase satisfeita coa iniciativa “a boa resposta da veciñanza anímanos a seguir tomando medidas para protexer o noso medioambiente e reforzar o programa de compostaxe”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here