InicioOccidentalViveiroUnha semana para un Resurrection Fest atípico pola pandemia

Unha semana para un Resurrection Fest atípico pola pandemia

Este ano contará coas bandas Kreator, Angelus Apatrida, No Turning Back, Devil In Me e Aphonnic.

Publicada o

- Advertisement -

Volve o Resurrection Fest, que nesta edición celebrarase entre o 26 e o 28 de agosto en Viveiro e moi limitado polos efectos dunha pandemia que aínda está lonxe de desaparecer.

Este ano o Resurrection Fest contará o 26 de agosto coas bandas Kreator, Angelus Apatrida, No Turning Back, Devil In Me e Aphonnic. O venres será a quenda de Eluveitie, Jinjer, Crisix, Bala e Bellako, e, o sábado, os asistentes poderán escoitar a While She Sleeps, Destruction, The Ocean, Landmvrks ou True Mountains. Ao mesmo tempo que os concertos, que achegarán a amantes deste estilo musical, levaranse a cabo retransmisións en directo dos concertos e de actuacións doutras edicións. Pódese consultar a información completa na súa páxina web www.resurrectionfest.es

A Deputación de Lugo destaca que esta cita serve de promoción da provincia de Lugo dentro e fóra de Galicia e, ao mesmo tempo, á recuperación da actividade turística, hostaleira e comercial. O Resurrection Fest contou na súa última edición con máis de 100.000 visitantes e xerou, segundo ten estudado a Universidade de Santiago, un retorno económico que ronda os 9 millóns de euros.

O presidente provicial, José Tomé Roca, recordou que a Deputación de Lugo “apostou dende o principio por este festival, ofrecendo un apoio que foi clave para que o Resu se consolidase como o que é hoxe: unha cita de referencia a nivel nacional e internacional, que atrae a miles de persoas e que produce un retorno económico de primeira orde para Viveiro e para toda A Mariña”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...