Viveiro abre as súas portas a refuxiados afgáns

O goberno local propón ofrecer o Albergue Xuvenil de Area para acoller refuxiados.


O Concello de Vivieiro transmitiulle á FEGAMP a súa vontade de colaborar na acollida de refuxiados afgáns.

Ante a crise acontecida en Afganistán, o goberno local ofrece o Albergue Xuvenil da area para acoller refuxiados, como no sei momento xa fora proposto para acoller a familias sirias. Trátase dun edificio que pertence á Xunta de Galicia, e que só se utiliza durante os meses de xullo e agosto.

Ante a inexistencia de inmobles propios do concello para a collida, María Loureiro, rexidora do goberno local, propón a posibilidade de solicitar á administración autonómica que o Albergue se destine a ese fin, ao mesmo tempo que ofrece a colaboración municipal. Considera que se trata dun espazo axeitado no que se poderían acoller arias familias.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here