InicioOccidentalViveiroO PP de Viveiro pide o apoio dos alcaldes socialistas da provincia...

O PP de Viveiro pide o apoio dos alcaldes socialistas da provincia para evitar que o lobo sexa unha especie protexida

Indica que a inclusión na listaxe do LESRPE suporía "graves repercusión sobre todo nos concellos da Mariña"

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular de Lugo considera “un grave erro a pretensión do Goberno de España de incluír ao lobo na Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (LESRPE)” e recolle a preocupación de amplos sectores da poboación polas graves repercusións que, de levarse a cabo, terá na provincia tal iniciativa. Por elo, os populares xa defenderon iniciativas nos distintos ámbitos institucionais para instar ao Executivo español a desistir de tal intento e, de novo, presentan propostas nos concellos e no Parlamento de Galicia, que foron dadas a coñecer esta mañá en Viveiro.

A presidenta provincial do PP, Candia, constatou que os ataques do lobo ao gando son frecuentes na provincia, moi especialmente nos concellos de A Mariña occidental e do Xistral, o que supón perdas para as explotacións agrarias. Reiterou que no PP están convencidos de que se o Goberno central executa o seu proxecto de incluír ao lobo no LESRPE o problema agravarase extraordinariamente, porque será moito máis difícil o seu control. Por iso, piden o apoio dos alcaldes socialistas da provincia para que “convenzan ao Goberno” de que renuncie a tal proxecto.

Ademais, Candia lembrou que “a Xunta remitiu as alegacións en contra da orde ministerial e o Consello do Estado apoiou a súa posición. O propio Consello do Estado paralizou a tramitación da orde e solicitoulle ao Ministerio de Transición Ecolóxica que motive a inclusión do lobo no LESRPE. É dicir, “pídelle que xustifique a súa decisión unilateral ao considerar que non está acreditado que a protección do lobo sexa necesaria nos termos propostos polo Goberno central. Non considera que o lobo estea desprotexido e, polo tanto, tampouco considera xustificado incluír esta especie no LESRPE.

PROPOSTA DOS POPULARES

Os populares agardan que o PSOE apoie estas iniciativas coas que solicitar novamente ao Goberno a paralización da tramitación da orde ministerial para incluír a todas as poboacións de lobo na Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial, deixando de ser especie cinexética. E tamén para solicitarlle ao Goberno de España que as decisións que adopte sobre este asunto conten co máis amplo consenso entre todos os sectores implicados.

Por último, a iniciativa popular recolle a proposta de instar á Xunta a que dea continuidade ás accións, iniciativas e apoios desenvolvidos pola administración autonómica e, en particular, á liña de axudas para compensar os danos producidos polo lobo coa maior axilidade posible.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...