Os campamentos urbanos de Viveiro garantiron a conciliación das familias do concello

O Concello valorou especialmente a necesidade de ofrecer un recurso para todas as familias de Viveiro, “pensando sobre todo nos fogares con dificultades de conciliación e en situación de especial vulnerabilidade”.

Campamento de verán en Viveiro/Concello de Viveiro

O pasado venres día 27 de agosto rematou o campamento municipal de verán de Viveiro, que se desenvolveu ao longo dos meses de xullo e agosto no Pavillón do CEP Lois Tobío.

Este servizo prestouse de luns a venres, de 08.30 a 14:00 horas aos 160 nenos e nenas de 4 a 12 anos participantes, en dúas quendas de 80 participantes cada unha. “O obxectivo deste campamento é favorecer a conciliación familiar, cubrindo a nivel pedagóxico este tempo de lecer facilitando unha alternativa de ocio saúdable, fomentando o xogo, o deporte e a expresión artística, así como os valores de convivencia e respecto entre iguais”, explica a alcaldesa, María Loureiro.

Un programa de lecer no que puideron desfrutar das actividades organizadas pola empresa encargada do servizo, e que intentou compatibilizar actividades lúdicas, deportivas e de concienciación medioambiental, así como a formación en valores de igualdade, e respecto á diversidade, atendendo á especial situación derivada da crise sanitaria provocada pola Covid-19.

Neste censo, o Concello valorou especialmente a necesidade de ofrecer un recurso para todas as familias de Viveiro, “pensando sobre todo nos fogares con dificultades de conciliación e en situación de especial vulnerabilidade”, apuntan dende o goberno local.

A Concellería de Educación e Xuventude do Concello de Viveiro agradeceu ás familias, aos nenos e nenas así como ao equipo de profesionais encargados do campamento “a súa responsabilidade e implicación para o desenvolvemento exitoso do mesmo, atendendo ás especiais circunstancias derivadas da situación provocada pola Covid-19”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here