O Concello de Viveiro recibe un dos premios ás mellores iniciativas de promoción turística

O galardón premia o belén de Nadal "Viveiro ante o Berce" que é considerado como unha das iniciativas turísticas que mellor promocionan a provincia.

Imaxe de Viveiro ante o Berce/Concello de Viveiro

A Deputación de Lugo fixo públicos os premios ao turismo da provincia e o Concello de Viveiro obtivo un galardón na categoría Lugo Cambia ao Turismo Lucense. Viveiro resultou premiado polo seu proxecto Viveiro ante o Berce, unha iniciativa turística que se celebra época de Nadal cun importante impacto no municipio pero tamén na provincia.

A Praza de Santa María acolle, nos meses de decembro e xaneiro, este nacemento de Cristo a tamaño real que recrea a vida cotiá en Belén. Entre as esceas que se representan atópanse O Misterio; a Anunciación aos Pastores; a Anunciación á Virxe; a visita dos Reis Magos; a Matanza dos Inocentes; e a Sala do Trono de Herodes.

“Agradecemos o premio da Deputación, un estímulo moi importante para nós, para unha iniciativa ademais tan especial como é ‘Viveiro ante o berce’, que cada ano atrae a máis persoas”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

Estes galardóns teñen como obxectivo recoñecer publicamente o traballo e a dedicación das distintas empresas, persoas, institucións ou entidades a favor do desenvolvemento, do fomento e da promoción turística provincial, a traxectoria profesional e a posta en marcha de actuacións innovadoras e exemplares que teñan unha repercusión positiva no ámbito do turismo ou da gastronomía lucense.

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here