InicioOccidentalViveiroViveiro tremerá este domingo coa 2ª Edición das Carreiras de Cabalos

Viveiro tremerá este domingo coa 2ª Edición das Carreiras de Cabalos

A xornada comezará ás 10:00 coa apertura do recinto e a exposición da maquinaria. A proba seguirá en todo momento os protocolos sanitarios pertinentes tanto entre os participantes como entre o público asistente.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro presentou hoxe a 2ª Edición das Carreiras de Cabalos “Cidade de Viveiro”, que terán lugar este domingo, 19 de setembro, no Campo de Fútbol de Celeiro. O evento celebrara a súa primeira edición en 2019 e retorna cun novo torneo tras a súa suspensión en 2020 por mor da COVID-19.

Na presentación estiveron María Loureiro, alcaldesa de Viveiro; César Iglesias, concelleiro de Deportes; e Pedro Pardo, secretario da Asociación Cabaleiros do Landro, entidade que organiza a competición. Tras o peche das inscricións na competición, 150 cabalos participarán nesta edición das Carreiras de Cabalos.

“Dende o goberno local apostamos por este tipo de citas, que suman valor a Viveiro e atraen a participantes e público a gozar do noso municipio e de Celeiro en concreto”, subliñou María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

As categorías de competición divídense en andadura libre serrada, andadura libre serrada, galope, así como carreiras de pura raza árabe nacional e galega. Nas diferentes categorías repartiranse premios de ata 400 euros, así como trofeos aos tres primeiros clasificados e medalla para o cuarto.

A xornada comezará ás 10:00 coa apertura do recinto e a exposición da maquinaria. A proba seguirá en todo momento os protocolos sanitarios pertinentes tanto entre os participantes como entre o público asistente.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...