Torneo de fútbol na rúa 4 contra 4 en Viveiro esta fin de semana

A competición coincide ademais coa 2ª Edición Carreiras de Cabalos “Cidade de Viveiro”, que se celebran tamén en Celeiro o domingo 19 de setembro.

VIVEIRO DEPORTES

O Concello de Viveiro informa da celebración esta fin de semana do “I Torneo de Fútbol na rúa 4 contra 4 – Concello de Viveiro”. A cita deportiva realizarase o sábado 18 e o domingo 19 de setembro, na pista de Lavandeiras. En caso de choiva, o torneo trasladarase ao pavillón Enrique Basante, do CEIP de Celeiro.

O torneo reúne a xogadores e xogadoras maiores de 16 anos e está organizado polo Celeiro Club del Mar. Os equipos gañadores recibirán premios de ata 200 euros. A competición coincide ademais coa 2ª Edición Carreiras de Cabalos “Cidade de Viveiro”, que se celebran tamén en Celeiro o domingo 19 de setembro.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e mais o edil de deportes, César Iglesias, presentaron recentemente o torneo, acompañados de representantes da organización. A competición seguirá en todo momento os protocolos COVID-19 marcados polas autoridades sanitarias.

“O deporte é un dos piares dunha sociedade saudable, polo que noso compromiso como goberno local é firme con todas as iniciativas deportivas”, subliñou a alcaldesa, María Loureiro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here