InicioOccidentalViveiroMaría Loureiro tras o peche de Vestas: "Non se pode permitir o...

María Loureiro tras o peche de Vestas: “Non se pode permitir o peche doutra empresa máis”

Lembra que o Consistorio de Viveiro levaba a cabo o proceso de "legalización dos terreos" nos que se sitúan as instalacións, en Chavín. A CIG pide a intervención da Xunta para evitar o peche.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro, reclamou unha “reunión canto antes” coa Xunta e o Goberno central para acordar medidas ante o anuncio do peche que Vestas ten nesta localidade e na que traballan 115 persoas.

A rexedora considera que “o que se necesita é a implicación das administracións” e, neste caso, “a Xunta de Galicia que ten as competencias en industria e do Ministerio de Industria”.

A este respecto, sinalou que ela mesma se reuniu co comité de empresa, que solicitou un encontro coa consellería de Industria para facer reconsiderar á empresa. “Non poden botar a 115 traballadores á rúa de súpeto”, subliñou para reclamar “explicacións á empresa” e que se busque “un plan de reindustrialización para a zona, para esa fábrica”.

María Loureiro asegurou que “non” se pode “permitir que peche outra empresa máis”. “Luns amencemos con este bombazo, era o que menos esperabamos e o que menos necesitabamos agora”, explica a rexedora, que lembra que xa teñen a problemática de “Alcoa”. Por iso, lamenta que agora anuncie o peche Vestas, unha das “poucas empresas” que quedaban na localidade e que “aparentemente daba estabilidade”.

Loureiro explicou que desde o Concello puxéronse en contacto co Ministerio de Industria e coa Xunta. “Pero sobre todo pómonos ao lado dos traballadores”, manifestou para deixar claro que non se pode permitir “que peche outra empresa máis”.

A alcaldesa sostivo que “os primeiros sorprendidos son os traballadores, que non esperaban isto para nada”. Ademais, cualifica de “inhumana” a forma na que a noticia foi comunicada ao persoal. “Estaban a traballar e anunciáronlles esta decisión supostamente inamovible da empresa”, indicou.

Así mesmo, explicou que o Consistorio levaba a cabo o proceso de “legalización dos terreos” nos que se sitúan as instalacións, en Chavín. “Compraron terreos pero, polo que se ve, para nada”, apunta. “Non esperabamos este pau tan grande”, ha insiste.

CIG

Por outra banda, a CIG mostra o seu “absoluto rexeitamento” ao peche anunciado por Vestas na súa planta de Chavín, no municipio de Viveiro (Lugo), e reclama á Xunta que adopte as medidas necesarias para evitar despedimentos.

Nun comunicado, o sindicato reproba que esta decisión empresarial “non ten máis motivación que deslocalizar a produción para incrementar os beneficios”. “Permitir os 115 despedimentos directos e o peche da fábrica de Vestas suporía un durísimo golpe no proceso de decaimiento progresivo que vive A Mariña a nivel industrial e de emprego”, avisa.

É o mundo ao revés: enche o país de eólicos, pero permítese que pechen as fábricas onde constrúen as pezas dos muíños e que se destrúan centros de emprego para seguir engordando os petos dos accionistas”, censura o secretario xeral da CIG, Paulo Carril.

BURELA TAMÉN MOSTRA O SEU APOIO AOS TRABALLADORES DE VESTAS

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, amosa a solidariedade de todo o pobo burelés cos traballadores de Vestas. O rexedor critica a facilidade e a impunidade coa que algunha firma decide pechar as súas instalacións dun día para outro. Llano aposta pola celebración dunha xuntanza de todos os alcaldes da Mariña para abordar esta cuestión e tentar minimizar os efectos que terá na comarca a situación pola que atravesan Vestas e Alcoa.

O rexedor dixo: “quero amosar a miña solidariedade, a do Concello e a dos veciños e veciñas de Burela cos traballadores da empresa Vestas en Viveiro, que acaban de comunicar que en pouco tempo vai ser pechada. De todo isto deduzo a facilidade coa que se fan estas cousas e a impunidade desas decisións”.

Alfredo Llano amósase contrariado por esa decisión de Vestas: “cando Galicia enteira é un solar para poñer eólicos en todos os lados agora vemos que as propias empresas que fabrican eses mecanismos toman a decisión de pechar sinxelamente por unha cuestión única e exclusivamente monetaria porque se desprazan a sitios onde cren que lles vai resultar máis barato”.

O alcalde de Burela subliñou: “fago unha solicitude, como lle teño comentado á alcaldesa viveirense, para convocar o antes posible unha reunión de alcaldes de toda A Mariña para tomar unha decisión en común e tratar de minimizar os efectos que se están a dar na cuestión industrial, tanto no referido a Vestas como ao de Alcoa”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...