InicioOccidentalViveiroA alcaldesa de Viveiro convoca ao comité de empresa de Vestas a...

A alcaldesa de Viveiro convoca ao comité de empresa de Vestas a unha reunión cos e coas alcaldesas da comarca

A reunión está prevista para o venres 24 ás 19:00.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, convocou aos alcaldes e alcaldesas da Mariña a unha reunión que terá lugar este vernes, 24 de setembro, ás 19:00 horas.

Na reunión, que será no Concello de Viveiro, falarase do anuncio de peche de Vestas, considerando que esta decisión da empresa afecta a todos os municipios da comarca.

Tamén se convidará ao comité de empresa de Vestas para asistir, se así o desexan, a esta reunión.

O pasado luns, coñecíase a intención da empresa Vestas de pechar a súa fábrica de Viveiro, unha decisión que suporía que 115 traballadores perdan o seu emprego.

Esta inesperada noticia súmase á situación na que se atopa a empresa Alcoa San Cibrao. Ademais, supón un agravamento da situación da industria e o emprego da comarca, polo que se entende necesaria a convocatoria desta reunión para facer unha fronte común.

Loureiro demanda “a todas ás administracións que reaccionen e convoquen de inmediato á dirección da empresa para intentar un cambio de postura”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...