CC.OO quere facer “cambiar de opinión” a Vestas para “adaptar a planta a un novo sistema de negocio”

Consciente de que "o esforzo debe ser conxunto", a súa proposta inclúe "adaptar a planta a un sistema de negocio que se axuste á cadea de valor das enerxías renovables".

Fábrica de Vestas en Chavín. GOOGLE MAPS

O sindicato CC.OO. anuncia que aproveitará “o espazo de negociación que en breve se abrirá coa empresa” Vestas “para facerlle cambiar de opinión” con respecto ao anuncio de peche da planta de Viveiro, “e tratará de involucrar ao conxunto das administracións”.

Consciente de que “o esforzo debe ser conxunto”, a súa proposta inclúe “adaptar a planta a un sistema de negocio que se axuste á cadea de valor das enerxías renovables”.

CC.OO. de Industria defende o mantemento do emprego e da actividade en Vestas Viveiro e trata de impedir, segundo subliña, “que outra empresa do sector das enerxías renovables leve a produción fose do país”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here