InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro reclama unha reunión "urxente" coa dirección de Vestas

O Concello de Viveiro reclama unha reunión “urxente” coa dirección de Vestas

O Concello reclama a participación de empresa, Xunta, Goberno central e traballadores.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro remitiu o pasado venres un escrito ao vicepresidente 2º e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta, Francisco Conde, solicitando a convocatoria dunha reunión urxente en relación co anuncio do peche da planta de Vestas.

Tal e como se indicaba no escrito, enténdese que esa xuntanza debe convocarse á maior brevidade posible e que nela deberían estar presentes a Consellería de Economía, Empresa e Innovación; o Ministerio de Industria; a empresa; os representantes dos traballadores e o Concello de Viveiro.

Despois da importante reunión de hoxe entre o Comité de Empresa de Vestas e a Xunta de Galicia, como autoridade laboral competente para a tramitación do ERE, urxe a celebración dunha xuntanza entre todas as partes para esixir á empresa que reconsidera a súa decisión e buscar solucións alternativas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...