Viveiro aporta máis composteiros para a veciñanza que queira participar no proxecto de compostaxe doméstica

A iniciativa, de financiación europea, conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia.


‘Viveiro Sustentable’ é o proxecto do Concello de Viveiro de loita contra o cambio climático e defensa do medio ambiente. A primeira campaña do proxecto é arredor do compostaxe domestico, na que están implicadas xa máis de 200 familias.

O programa ten como obxectivo que 300 familias do Concello de Viveiro composten na súa casa. O único requisito é ser veciño/a do Concello, ter un pequeno xardín ou terreo e estar disposto/a e motivado/a para formar parte deste proxecto educativo e formativo.

Por elo, o concello informa dunha nova entrega de composteiros a tódalas persoas interesadas no Pavillón Polideportivo Municipal de Viveiro mañá, xoves 30 de outubro, e o venres 1 de de agosto entre as 16:00 e as 20:00 horas. Ao recollelo será necesario indicar un número de teléfono e o nome.

“Agradecemos a colaboración veciñal, con esta aposta pola compostaxe pretendemos que os residuos orgánicos xa non cheguen aos colectores da rúa, pechando así o ciclo da materia nos propios fogares”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

As persoas que recollan o composteiro recibiran unha chamada para completar os seus datos, tamén poden facelo nun formulario online antes ou despois da recollida. Logo disto recibirán a visita das ‘Mestras Composteiras’ que farán a labor de formación para o mellor funcionamento dos composteiros.

Para participar de forma gratuíta no programa pódese completar un formulario (https://cutt.ly/yhO5rrF), enviar un correo electrónico a viveirosustentable@mediagesgm.com ou chamar ao número 675.507.832.

A iniciativa, de financiación europea, conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here