Apoio do Concello de Viveiro ao traballador de Vestas que irá en bicicleta até Dinamarca

“Vestas ten en Viveiro persoal cualificado e unhas instalacións modernas, o peche non ten sentido e as administracións implicadas debemos facer un fronte común para evitalo”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.


O Concello de Viveiro enviou unha nota na que “apoia e colabora con esta iniciativa reivindicativa” en referencia ao traballador de Vestas que parte en bicicleta cara a sede de Vestas en Dinamarca. Na nota o Concello tamén apoia “outras medidas de presión e a manifestación que percorrerá mañá, sábado 2 de outubro, as rúas de Viveiro”.

“Vestas ten en Viveiro persoal cualificado e unhas instalacións modernas, o peche non ten sentido e as administracións implicadas debemos facer un fronte común para evitalo”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

O traballador sairá o domingo ás 10:30 horas desde a fábrica de Vestas en Chavín, onde se reunirán compañeiros de traballo e representantes do concello para desexarlle sorte e unha boa viaxe.

O Concello de Viveiro considera que non se pode permitir que unha empresa que ten beneficios, que é produtiva e que recoñece o traballo dos seus empregados e empregados da planta de Viveiro, que son un exemplo para todas as plantas que a empresa ten no resto do mundo, anuncie o seu peche.

O peche afectaría a un total de 115 empregos directos e suporía un agravamento da situación da industria e do emprego non só na Mariña, senón tamén en moitos concellos próximos da comarca de Ortegal.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here