InicioOccidentalNova mobilización este sábado contra o anuncio do peche de Vestas

Nova mobilización este sábado contra o anuncio do peche de Vestas

Reclaman unha saída industrial que permita manter os 115 empregos da factoría.

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa de Vestas convoca unha nova mobilización este sábado en Viveiro, para protestar contra o anuncio do peche da planta situada en Chavín. En concreto, esta segunda protesta nas rúas será unha camiñada que sairá ás 12,00 horas da capela da nosa Señora da Misericordia.

Con esta marcha, os traballadores visibilizarán as súas reivindicacións, que pasan por atopar unha saída industrial que manteña os 115 empregos da factoría.

O pasado martes, dirección e comité da empresa mantiveron a reunión coa que se deu por aberto oficialmente o período de consultas do ERE.

Xunta e representantes dos traballadores acordaron constituír unha mesa industrial á que convidaron tanto a Vestas como ao Goberno central para tratar de reverter o peche.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...