InicioOccidentalViveiroProceso de selección para monitor deportivo-socorrista en Viveiro

Proceso de selección para monitor deportivo-socorrista en Viveiro

O prazo para a presentación de solicitudes é de 5 días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP, é dicir, ata o vindeiro mércores 27 de outubro de 2021.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa da convocatoria dun proceso selectivo para a cobertura temporal das prazas de monitor/a deportivo/a-socorrista da piscina municipal.

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo de 20 de outubro de 2021 recolle o anuncio mediante o que se convoca o proceso selectivo, mediante o sistema de concurso, de carácter aberto, para crear unhas listas de emprego para a cobertura temporal destas prazas.

As bases e anexos desta convocatoria están publicados na páxina web municipal (www.viveiro.es) e no taboleiro de anuncios dixital.

O prazo para a presentación de solicitudes é de 5 días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP, é dicir, ata o vindeiro mércores 27 de outubro de 2021.

Estas listas sácanse con carácter de urxencia tendo en conta a necesidade inminente de cobertura dunha praza vacante por incapacidade temporal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...