InicioCentralOs sindicatos convocan folga xeral na Mariña o 17 de novembro e...

Os sindicatos convocan folga xeral na Mariña o 17 de novembro e reclaman medidas para a comarca

Animan a que autónomos, comercios, hostalaría, portos pesqueiros e veciños apoien a folga.

Publicada o

- Advertisement -

Os sindicatos CIG, CC.OO. e UGT convocaron unha folga xeral na comarca da Mariña (Lugo) o 17 de novembro para reclamar medidas ante a “pobreza, desertización industrial e despoboamento” que padecen.

A convocatoria de folga comarcal, que foi rexistrada este martes na Consellería de Emprego, celebrarase desde as 00,00 horas do 17 de novembro, mércores, durante 24 horas –excepto as quendas que comecen antes e despois–.

Están convocados tanto os traballadores de empresas privadas como os empregados públicos, á vez que os sindicatos animan a que sexa apoiada por autónomos, comercios, hostalaría, portos pesqueiros e todos os veciños.

Os sindicatos lembran que o ano pasado xa se convocou o 22 de xuño unha protesta pola situación da comarca, pero “ano e medio despois, non só non se produciu ningún avance, nin se achegaron solucións ao abandono e á crise industrial, económica e social que atravesa A Mariña, senón que a situación foi a peor”.

A este respecto, enumeran: non se arranxou o ERE de Alcoa, Vestas presentou un despedimento colectivo, as infraestruturas reclamadas “seguen sen ser executadas”, houbo unha perda cuantiosa de servizos, o FEVE “está en absoluta decadencia” e “o desmantelamento do Hospital da Costa vai a máis”.

Ademais, os representantes dos traballadores censuran faltas de partidas nos orzamentos de 2022 da Xunta e do Goberno. Critican que nas contas estatais “soamente hai unha partida de 100.000 euros para cada tramo da A-74”; mentres que no caso do Executivo galego “non hai nada referido a esta comarca”. Por todo iso, deixan claro que A Mariña “necesita feitos e non fume”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...