InicioOccidentalViveiroPresentadas as V Xornadas de Historia e Arqueoloxía Marítima de Viveiro

Presentadas as V Xornadas de Historia e Arqueoloxía Marítima de Viveiro

Na presentación da xornada estiveron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García; Jesús Fernández Fernández, 1º tenente de Alcalde e concelleiro do Mar, e Antón López, delegado para a zona noroeste de España da Federación Española de Actividades Subacuáticas (FEDAS).

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro presentou esta mañá as ‘V Xornadas de Historia e Arqueoloxía Marítima Cidade de Viveiro’, que se celebrarán do 15 ao 19 de novembro e que este ano, de novo pola pandemia da Covid-19, serán outra vez totalmente online a través da plataforma Zoom.

Na presentación estiveron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García; Jesús Fernández Fernández, 1º tenente de Alcalde e concelleiro do Mar, e Antón López, delegado para a zona noroeste de España da Federación Española de Actividades Subacuáticas (FEDAS).

“Igual que en anos anteriores, as xornadas abarcan varios proxectos de ámbito nacional e incluirán ademais ponencias centradas en Galicia, sobre o mar nos programas decorativos da Galicia romana e o pecio Viveiro I”, explica Jesús Fernández.

Dende o concello quérese agradecer o traballo e a colaboración do FEDAS, a través de Antón López, que foi e sigue sendo alma mater destas xornadas, tanto na coordinación como na organización, co apoio do Concello de Viveiro, a través da Concellaría do Mar. O concello agradece tamén o apoio da Deputación de Lugo e da UNED.

“Trátase dunhas xornadas totalmente consolidadas no panorama español”, asegurou a alcaldesa, María Loureiro, que agradeceu á organización “a suspensión das sesións do día 17, no que está convocada unha folga xeral na Mariña en defensa dos postos de traballo na comarca que o concello secundará”. Uns días antes do inicio das xornadas, remitirase ao correo electrónico das persoas que se inscriban o enlace de Zoom para acceder ás sesións.

FORMULARIOS DE INSCRICIÓN EN WWW.VIVEIRO.ES

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...