InicioOccidentalViveiroViveiro entra na Rede Europea de Celebracións de Semana Santa dedicada a...

Viveiro entra na Rede Europea de Celebracións de Semana Santa dedicada a mostrar as pezas máis destacadas dos pasos

No caso de Viveiro, desde hoxe colocarase na exposición permanente o atril coa peza destacada do trimestre, e neste caso desde a Xunta de Confrarías elixiuse a imaxe do Ecce-Homo dos franceses, do século XV, pertencente á Venerable Orde Terceira.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro colocou hai uns días as dúas placas que recoñecen o municipio como adherido á Rede Europea de Celebracións de Semana Santa e Pascua. Unha está na oficina de turismo e outra nos claustros de San Francisco, na exposición permanente de Semana Santa.

Ademais, a Rede puxo en marcha esta semana a iniciativa ‘A Peza Destacada do Trimestre’, que nace co obxectivo de dar a coñecer as pezas máis representativas que albergan os museos de Semana Santa existentes dentro de dita rede europea.

No caso de Viveiro, desde hoxe colocarase na exposición permanente o atril coa peza destacada do trimestre, e neste caso desde a Xunta de Confrarías elixiuse a imaxe do Ecce-Homo dos franceses, do século XV, pertencente á Venerable Orde Terceira.

Esta imaxe participa na procesión do Ecce Homo do Domingo de Ramos. É coñecido como Ecce-Homo dos franceses pois, segundo a lenda, salvou a Viveiro do asalto do exército napoleónico en 1809.

Unha boa iniciativa para dar a coñecer o noso patrimonio e impulsar aínda máis a nosa Semana Santa, co desexo de que no 2022 poidamos celebrala como se merece”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.v

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...