InicioOccidentalViveiroViveiro recoñece o labor contra a violencia de xénero dun dos premiados...

Viveiro recoñece o labor contra a violencia de xénero dun dos premiados no “Meninas 2021”

O homenaxeado é o policía nacional Pablo Rodríguez, un dos galardoados co Premio Meninas 2021, contra a violencia de xénero.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro e a súa alcaldesa, María Loureiro, queren dar públicamente a noraboa a Pablo Rodríguez, policía nacional da Comisaría de Viveiro e premio Meninas 2021.

O pasado luns  pola tarde, na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela, tivo lugar o acto de entrega destes recoñecementos con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Trátase duns premios que concede a Delegación do Goberno en Galicia a personas e institucións que destacan pola súa loita fronte á violencia de xénero.

Ao acto acudiu Jesús Fernández, 1º Tenente de Alcalde de Viveiro, xa que uns destes recoñecementos se lle deu a Pablo Rodríguez, que é policía investigador da UFAM (Unidade de Atención á Familia e á Muller). Déuselle polo seu labor promovendo a prevención e impartindo charlas en centros educativos e a distintos colectivos.

“Estamos en débeda con persoas como Pablo Rodríguez e co conxunto das forzas de seguridade, que traballan para mellorar as nosas vidas e poñer fin a lacras como a violencia de xénero”, asegura a alcaldesa de Viveiro.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...