Drama familiar dos traballadores de Vestas: “teño dous fillos e quedo sen traballo”

Os traballadores de Vestas piden solucións urxentes ante a súa situación laboral e persoal.

Traballadores de Vestas nunha protesta en Santiago / GC

A compañía de aeroxeneradores danesa Vestas anunciou o pasado 20 de setembro que tiña a intención de cesar a producción na fábrica que teñen en Viveiro, onde emplea a unhas 115 persoas. Según informaba Vestas, este peche formaba parte dun proceso de reconversión da súa estratexia, que afecta tamén ás plantas de Lauchhammer, en Alemaña, e Esbjerg, en Dinamarca.

Dende o día do anuncio do peche da fábrica ata o día de hoxe houbo innumerables manifestacións na Mariña Lucense e especialmente en Viveiro contra a decisión da multinacional danesa.

Toda a poboación da Mariña que sae á rúa estase a preguntar o mesmoque será das súas vidas ante o posible peche de Alcoa e de Vestas; e se o Goberno Central permitirá que moitas familias teñan que abandonar as súas casas en busca de traballo para poder sobrevivir.

FAMILIAS IMPLICADAS

Un dos traballadores leva 18 anos traballando en Vestas, ten unha filla pequena e está esperando outra. No seu momento enterouse da noticia do peche pola prensa e o primeiro que pensou era que sería deles se era verídica a noticia.

O traballador, en declaracións a Xornal da Mariña e que prefire manter o anonimato, confía en que haxa unha solución posible e ve inviable coa súa situación familiar unha mudanza cara outro lugar xa que ten unha nena pequena e a súa muller está embarazada.

Outro dos casos é o dun traballador viveirense que ten dous fillos. En Vestas atopou unha estabilidade que anteriormente non tiña. “De súpeto, chegaron os nosos xefes e nos dixeron que se acababa, que estaban contentos con nós pero que ían buscar outro sitio para fabricar” explica o traballador de cómo se enterou da nova.

Se se confirma o despido, tanto a súa muller coma él terán que reeplantearse a súa situación xa que ela traballa a media xornada para poder coidar aos seus nenos. Di que entón posiblemente tería que traballar máis horas ou mudarse cara outro lugar aínda que sería difícil polo tema dos nenos.

decisión de pechar Vestas afectaría directamente a unhas 115 persoas coas súas respectivas familias, o que implica que, numerosas familias estén implicadas tanto a nivel económico coma persoal.

Mariña era un lugar idóneo para moitos traballadores que buscaban estabilidade tanto na súa vida laboral coma persoal é agora coa incerteza do que pode pasar na planta de Alcoa e en Vestas podemos estar vivindo a “morte” da Mariña.

Por outra parte, Xunta e Goberno central levan semanas tentando buscar unha solución que semella complicada xa que, tal e como acontece con Alcoa, a posición da multinacional é pechar a fábrica definitivamente.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here