InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro contabiliza 109 casos novos de COVID en catorce...

O Concello de Viveiro contabiliza 109 casos novos de COVID en catorce días

Polo que respecta aos datos referidos aos últimos 7 días, o número de novos casos diagnosticados no concello é de 90 e a incidencia acumulada para o concello nese período é superior a 250.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa que, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade, a día de hoxe hai no municipio un total de 109 novos casos diagnosticados nos últimos 14 días, sendo a incidencia acumulada para o concello nese período superior a 500.

Polo que respecta aos datos referidos aos últimos 7 días, o número de novos casos diagnosticados no concello é de 90 e a incidencia acumulada para o concello nese período é superior a 250.

Atendendo á situación epidemiolóxica e ao incremento de contaxios que se está a producir, dende o goberno local quérese incidir na importancia de cumprir as medidas establecidas polas autoridades sanitarias, lembrando que a prudencia e a responsabilidade social son fundamentais en beneficio da saúde pública co fin de evitar a propagación do virus.

Finalmente, lémbrase que ás 00.00 horas do 31 de decembro de 2021 entrarán en vigor as novas medidas establecidas pola Xunta de Galicia na Orde da Consellería de Sanidade de data 29 de decembro de 2021.

Entre as medidas recollidas nesta nova Orde inclúense as seguintes:

Obrigatoriedade do uso da máscara en espazos de uso público pechados ou ao aire libre, agás no exterior de espazos naturais (campo, montes e terreos forestais e agrícolas e praias) sempre que se poida garantir o respecto da distancia de seguridade interpersoal entre as persoas non conviventes.

– O d ao aire libre deberá permanecer sentado.

– Nos establecementos de hostalería e restauración, o horario límite de peche será ás 00.00 horas, agás a noite do venres ao sábado e do sábado ao domingo, que será á 1:00 horas. O día 1 de xaneiro de 2022 non se poderán prestar servizos a clientes entre a 1:00 e as 09:00 da mañá. Non se permite o consumo en barra.

– Nos establecementos de lecer nocturno, o horario límite de peche ao público será ás 03:00 horas. Non se permite o consumo en barra.

– No ocio nocturno quedan prohibidos os cotillóns, celebracións ou festexos que aludan á celebración das datas de Nadal, así como eventos extraordinarios.

– O certificado COVID será necesario para acceder, durante todo o seu horario, aos establecementos de hostalería, restauración e ocio nocturno.

– As carreiras populares en espazos públicos deberán realizarse sen asistencia de público, polo que se lembra aos veciños que na San Silvestre que terá lugar mañá, 31 de decembro, con saída dende a Praza Maior, non poderá haber público. Ademais, durante a proba os participantes deberán facer uso de máscara.

Estas medidas terán efectos ata as 00.00 horas do día 18 de xaneiro de 2022. Cómpre indicar, finalmente, que neste momento se está pendente da ratificación por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do chamado “toque de non queda”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...