InicioOccidentalViveiroA Xunta asumirá os buses de Viveiro que cubren as rutas polas...

A Xunta asumirá os buses de Viveiro que cubren as rutas polas parroquias

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro viña prestando desde hai máis dunha década un servizo de autobús do que se beneficiaban veciños e veciñas de diversas parroquias.

O Concello de Viveiro cubría deste xeito a carencia existente, ao tratarse dunha ruta que quedara fóra do transporte urbano da Xunta de Galicia, facéndose o concello cargo da mesma.

Agora, a Xunta de Galicia volve a incluír esta liña de autobús, adxudicada á empresa Autobuses de Viveiro-Otero SL, e polo tanto, para evitar duplicidades, a partir do 1 de xaneiro de 2022 o Concello de Viveiro deixará de prestar o servizo municipal de autobús entre a parroquia de Boimente e a estación de autobuses de Viveiro, que viña realizándose a través da empresa Morán.

Esta nova liña de autobús,  coas tarifas establecidas pola Xunta de Galicia, terá o seguinte horario e frecuencia:

– Saída dende Abuín (Boimente) ás 8:00 horas, con parada na Estación de Autobuses de Viveiro, de luns a venres, agás festivos. Esta liña funcionará fóra do periodo lectivo de ensinanza obrigatoria.

-Saída dende Abuín (Boimente) ás 10:00 horas, con parada na Estación de Autobuses de Viveiro, de luns a sábado, durante todo o ano.

-Saída dende a Estación de Autobuses de Viveiro ás 12:00 e ás 13:45, con destino ao lugar de Abuín (Boimente), de luns a venres, en período lectivo de ensino obrigatorio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...