Viveiro comeza as obras no paseo marítimo e a renovación da Travesía da Igrexa en Covas

O importe deste proxecto ascende a 115.611 euros, dos que a institución provincial achega ao concello 100.000 euros. O Concello aporta pola súa banda 15.611 euros.


Concello de Viveiro informa aos seus veciños e veciñas que esta semana deron comezo as obras de arranxo do paseo marítimo de Viveiro e os traballos de reposición e mellora do vial Travesía da Igrexa, en Covas.

En 2021, o Concello de Viveiro e a Deputación de Lugo asinaron un convenio de colaboración para acometer o proxecto que solucionará os problemas estruturais que presenta unha parte do paseo marítimo. O importe deste proxecto ascende a 115.611 euros, dos que a institución provincial achega ao concello 100.000 euros. O Concello aporta pola súa banda 15.611 euros.

As deficiencias estruturais existentes ao longo da fachada marítima consisten basicamente no basculamento cara ó mar da parte alta do muro de sostemento da fachada marítima, unido a un asentamento do borde exterior da lousa do paseo marítimo. Estas deficiencias orixinaron unha serie de irregularidades na pavimentación, que motivaron o balado da zona co fin de impedir o acceso aos viandantes.

No proxecto que se vai a executar defínense as obras necesarias para reparar 90 metros da fachada marítima de Viveiro e dotar ao mesmo da protección necesaria para a súa utilización de forma segura por parte da poboación. Entre as actuacións previstas inclúense a consolidación do terreo, a execución da lousa e o reforzo da balaustrada.

TRAVESA DA IGREXA

Por outra parte, o Concello de Viveiro incluíu dentro do Plan Único de Cooperación cos Concellos 2021 as obras de reposición da urbanización e mellora dos servizos urbanos existentes da Travesía da Igrexa, en Covas, cunha achega por parte da Deputación de Lugo de 57.904,67 euros.

O obxectivo desta actuación é a reposición da pavimentación do vial en toda a súa lonxitude e a mellora dos servizos urbanos existentes e reestructuración integral do mesmo para garantir a súa funcionalidade.

As obras a realizar consisten no levantado de pavimento e instalacións existentes, mellora da pavimentación, reposición da rede de pluviais, canalización de alumeado público, reposición de escaleiras existentes, saneado de muro de pedra existente e dotación de novas barandas.

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here