Viveiro celebra o proceso selectivo para cubrir unha nova praza de administrativo

Dentro das súas competencias, o Concello de Viveiro organiza durante todo o ano diferentes procesos selectivos para aumentar o cadro de traballadores municipais e dar o mellor servizo posible aos seus veciños e veciñas.


O Concello de Viveiro puxo en marcha hai semanas un proceso selectivo para aumentar a plantilla municipal cunha nova praza de administrativo.

En concreto, este pasado xoves pola tarde no pavillón Antonio Tarrío, do IES Vilar Ponte, tivo lugar o primeiro exame deste proceso selectivo para unha praza de administrativo, pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Administrativa e clase media, mediante o sistema de oposición en turno libre.

Dentro das súas competencias, o Concello de Viveiro organiza durante todo o ano diferentes procesos selectivos para aumentar o cadro de traballadores municipais e dar o mellor servizo posible aos seus veciños e veciñas. A proba realizouse con normalidade e seguindo os protocolos COVID establecidos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here