Viveiro colabora para que as celebracións de Semana Santa sexan “Itinerario Cultural Europeo”

Os Itinerarios Culturais Europeos, impulsados polo Consello de Europa en 1987, son unha invitación a viaxar e descubrir o rico e diverso patrimonio de Europa, unindo a persoas e lugares en redes de historia e patrimonio compartidos.


A Rede Europea de Celebracións de Semana Santa e Pascua, da que forma parte o Concello de Viveiro, completou diferentes iniciativas encamiñadas á ser nomeada “Itinerario Cultural do Consello de Europa”.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o teniente de alcalde, Jesús Fernández; e a concelleira de Turismo, Marisol Rey, estiveron en FITUR con María Luisa Ceballos, presidenta da Rede Europa de Celebracións de Semana Santa, con quen comentaron as perspectivas da candidatura.

Esta rede está participada polo Concello de Viveiro e pola súa Semana Santa, representada na Xunta de Cofradías polas súas tres irmandades, catro cofradías e a venerable Orde Terceira franciscana.

A Rede Europea de Celebracións de Semana Santa e Pascua, formada por municipios de todo o continente, ten por obxectivo promocionar e difundir o patrimonio cultural, tanto material como inmaterial, relacionada coas celebración da Semana Santa e Pascua.

Deste modo, na Feira Internacional de Turismo FITUR a Rede Europea de Celebracións de Semana Santa e Pascua presentaba a súa candidatura como Itinerario Cultural Europeo. Un recoñecemento que lle permitirá posicionarse como un atractivo cultural de recoñecido valor en toda Europa.

Doutra banda, a organización tamén participou no I Encontro de Itinerarios Culturais do Consello de Europa, no Ministerio de Cultura e Deporte. O encontro foi un foro de traballo dos diferentes itinerarios culturais e contou coa participación da Rede Europea de Celebracións de Semana Santa e Pascua como proxecto candidato.

A resolución de dita candidatura coñecerase ao longo deste ano. A certificación como Itinerario Cultural do Consello de Europa supón unha garantía de excelencia, valorando aspectos como os intercambios culturais, o desenvolvemento cultural, a cooperación ou o turismo cultural.

Os Itinerarios Culturais Europeos, impulsados polo Consello de Europa en 1987, son unha invitación a viaxar e descubrir o rico e diverso patrimonio de Europa, unindo a persoas e lugares en redes de historia e patrimonio compartidos.

Deste modo, a rede da que o Concello de Viveiro é partícipe, avanza para lograr este recoñecemento, propiciando o turismo na contorna e a promoción da Semana Santa de Viveiro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here