InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro remite á Xunta e á Deputación o proxecto...

O Concello de Viveiro remite á Xunta e á Deputación o proxecto de mellora do Campo de Lavandeiras

Trátase dunha nova actuación de mellora a levar a cabo neste campo de fútbol, sendo a intención deste concello continuar con futuras intervencións mellorando as instalacións para ampliar a súa actividade deportiva.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro remitiu á área de Deportes da Deputación Provincial de Lugo e ao Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia unha copia do proxecto elaborado polo Concello de Viveiro para executar diversas melloras no Campo de Lavandeiras, solicitando a colaboración económica de ambas administracións para poder levar a cabo estas actuacións.

Dende o Concello de Viveiro considérase que se trata dunhas actuacións necesarias, que permitirían a práctica de máis modalidades deportivas e reducir a carga de actividade do Campo de Fútbol Marcos Gómez. Neste momento, o Campo de Lavandeiras xa está sendo utilizado por algúns clubs ou asociacións deportivas, pero a falta de vestiarios, por exemplo, impide a celebración de partidos oficiais (Liga, Copa, etc.).

Trátase dunha nova actuación de mellora a levar a cabo neste campo de fútbol, sendo a intención deste concello continuar con futuras intervencións mellorando as instalacións para ampliar a súa actividade deportiva.

As actuacións contempladas neste proxecto inclúen a dotación dunha serie de elementos necesarios para poder levar a cabo a práctica deportiva, como poden ser redes, vestiarios, banquillos, etc., así como a reforma da instalación eléctrica do campo de deportes.

Con respecto á modificación da instalación eléctrica, cómpre indicar que na actualidade, o campo non dispón de subministro propio e, polo tanto, debe ser alimentada ou ben cun xenerador ou ben a través doutra instalación. O obxectivo desta actuación é dotar o campo de deportes dun suministro propio. O campo dispón nun dos laterais de dúas torres de celosía con proxectores; en cada unha das torres hai instalados 6 proxectores de HM de 400 w e a idea é manter a iluminación existente.

En relación co equipamento para a práctica deportiva, o proxecto inclúe a instalación dunha valla ou barandilla perimetral que separe o terreo de xogo da zona destinada aos espectadores; dunha caseta-vestiario modular con estrutura autoportante soldada e con paneis sándwich; de redes e de banquillos, para os xogadores reservas, técnicos, etc.

O orzamento de contrata deste proxecto ascede a 120.018,57 € (IVE incluído) e, para a súa execución, o concello solicitou o apoio da Área de Deportes da Deputación Provincial de Lugo e do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia.

As melloras desta instalación deportiva suporían unha nova inversión na zona de Lavandeiras, na que dende hai tempo se veñen levando a cabo importantes actuacións. Neste sentido é importante lembrar o estado de abandono no que se atopaba antigamente este espazo, no que, mediante sucesivas obras e actuacións, se conseguiu chegar á situación actual.

Entre as obras executados en Lavandeiras nos últimos anos inclúense as actuacións recollidas nos proxectos denominado:

“Rexeneración da contorna do parque infantil de Lavandeiras-Celeiro”, por importe de 60.000,00 €;

“Mellora da área deportiva e recreativa de Lavandeiras-Celeiro”, por importe de 60.000,00 €;

“Creación dun campo de fútbol en Lavandeiras-Celeiro”, por importe de 200.000,00 €;

“Dotación de material deportivo para o campo de fútbol de Celeiro”, por importe de 54.416,55 €;

“Dotación de servizos na área recreativa de Celeiro”, por importe de 111.454,64 €.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...