InicioOccidentalViveiroA Mariña rexistra ventos de case 130km/h, máximo da xornada en Galicia

A Mariña rexistra ventos de case 130km/h, máximo da xornada en Galicia

A Xunta anuncia alerta amarela por vento e ondas para toda a costa este luns.

Publicada o

- Advertisement -

Municipios do norte de Lugo e A Coruña rexistraron ao longo deste domingo, xornada marcada por alertas de nivel laranxa e amarelofortes refachos de vento que superaron os 125 quilómetros por hora (km/h). Segundo os valores recolleitos por Meteogalicia, a marca do día vén ostentada a estación de Penedo do Galo, en Viveiro, que ás 12,20 horas do mediodía notificou refachos de 128,2 km/h.

Entre as estacións meteorolóxicas situadas a menos de 900 metros de altitude, tamén a da Pontenova rexistrou valores similares, con 126,7 km/h ás 15,00 da tarde. Séguelle a de Punta Candieira, en Cedeira, con 125,3 km/h ás 10,50 da mañá. Mentres tanto, entre os medidores a máis de 900 metros, destacan a do Xustral, en Muras, que notificou ventos de 127,8 km/h ás 15,10; e a de Lardeira, no Barco de Valdeorras, con 120,4 km/h ás 15,40.

En canto ás precipitacións, ata as 17,30 da tarde deste domingo o punto máis chuvioso da Comunidade foi Lousame, onde caeron 76,6 litros de auga por metro cadrado (l/m2). Tras este, está a estación de Paramos en Val do Dubra, con 55,6 l/m2; e o de Fontecada, en Santa Comba, con 54,9 l/m2 rexistrados.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...