InicioOccidentalViveiroA Deputación de Lugo e o Concello de Viveiro colaborarán no arranxo...

A Deputación de Lugo e o Concello de Viveiro colaborarán no arranxo do campo de fútbol de Lavandeiras

O Concello de Viveiro elaborou o proxecto para executar diversas melloras nesta instalación, solicitando a colaboración económica da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia para poder levar a cabo as actuacións.

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación Provincial de Lugo, a través da súa Área de Deportes, comprométese a achegar unha parte do importe necesario para arranxar o campo de fútbol de Lavandeiras.

O Concello de Viveiro elaborou o proxecto para executar diversas melloras nesta instalación, solicitando a colaboración económica da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia para poder levar a cabo as actuacións.

Tras a reunión mantida no día de hoxe na Deputación, á que tamén acudiron representantes do Celeiro Club del Mar, a Área de Deportes provincial confirmou a súa colaboración.

Deste xeito, o Concello de Viveiro e a Área de Deportes da Deputación Provincial asumirían, cada unha delas, unha terceira parte gasto, e o terzo restante o goberno local espera que sexa asumido pola Xunta de Galicia.

“Neste momento estamos á espera de resposta por parte do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, despois de que tamén se lle enviara copia do proxecto e un escrito solicitando a súa colaboración”, explica a alcaldesa, María Loureiro.

“Poder contar coa colaboración da Área de Deportes da Deputación é unha boa noticia e entendemos que esta é a forma de traballar, sen que sexa o concello o que teña que asumir todo o custe desta actuación”, engade.

O concello redactou o proxecto e presentouno en ambas administracións. Xa se conta co compromiso da Área de Deportes da Deputación e goberno local agarda que pronto poida contar tamén coa colaboración da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...