O Concello de Viveiro publica as medidas de seguridade para evitar contaxios por COVID durante o Entroido

As medidas pretenden evitar na medida do posible que se produzan contaxios dado o aforo do teatro. O número de persoas permitidas sinalarase na entrada do recinto.


O Concello de Viveiro publicou este martes unha serie de medidas para manter a seguridade fronte a COVID durante as celebracións do Entroido. En concreto, as medidas adoptadas pensáronse para as celebracións dentro do Teatro Pastor Díaz.

ASISTENCIA DE PARTICIPANTES E PÚBLICO NO TEATRO

O público deberá permanecer sentado.

O Teatro abrirá 30 minutos antes do inicio do Certame, polo que se aconsellará que os asistentes acudan con tempo dabondo para evitar aglomeracións.

Medidas de distanciamento social:

Cando as medidas de distanciamento social no escenario durante o desenvolvemento do Certame non sexan posibles, o responsable do mesmo detallará as condicións nas que se desenvolverá o espectáculo establecendo as medidas de seguridad necesarias segundo a avaliación de riscos tales como: establecemento de marcas de posición dos participantes no certame ou dos elementos escénicos.

Se o Certame require que nalgún momento se actue na zona habilitada para o público, deberá respetarse en todo momento a distancia de seguridade.

Para os participantes no Certame, o Concello, no caso de non poder manter a distancia interpersoal de seguridade establecida (1,5 m) poderá solicitar que leven a máscara posta ou ben un test de antíxenos ou PCR.

Cando, polas condicións de desenvolvemento da actividade e capacidade máxima autorizadas en cada caso, non sexa posible manter esta distancia de seguridade, no se permitirá o consumo de alimentos e bebidas e deberá garantirse una adecuada ventilación o realizarse o Certame en espacio pechado.

Deben realizarse tarefas de ventilación nas instalacións cubertas por espacio de, polo menos 30 minutos ao comezo e ao final da xornada, así como de forma frecuente durante esta. No caso de utilización de sistemas de ventilación mecánica, deberá aumentarse a subministración de aire fresco e limitarase ao mínimo indispensable a función de recirculación do aire interior.

Para o acceso as instalacións do Teatro ao público o Concello pedirá o certificado COVID, no caso de persoas maiores de 12 anos.  Medidas de desinfección e limpeza de superficies e material:

Antes do certame realizarase unha desinfección xeral do local e do seu mobiliario, prestando especial atención ás zonas de maior contacto (superficies, pomos, lavabos, grifería, manivelas, taquillas, portas, teléfonos, botón de descarga do wc, etc.)

Utilizaranse desinfectantes como dilucións de lixivia (1:50) recentemente preparada en auga a temperatura ambiente ou calquera dos desinfectantes con actividade virucida que se atopan no mercado e debidamente autorizados e rexistrados. No uso dese produto respectaranse as indicacións da etiqueta. Así mesmo, non se mezclarán produtos diferentes.

No caso daqueles equipamentos que deban ser manipulados por diferente persoal, disporase de materiais de protección ou o uso de forma recorrente de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con carácter previo e posterior ao seu uso.

Disporase de papeleiras pechadas e con accionamento non manual, para depositar panos e calquera outro material desbotable, que se deberán limpar de forma frecuente, e, polo menos, unha vez ao día. Así mesmo, estas papeleiras deberían contar con bolsa desbotable que se cambie alomenos unha vez ao día.

Medidas a adoptar polo público asistente:

É obrigatorio o uso de máscara para entrar e saír do auditorio e durante todo o tempo que dure a función.

Medidas organizativas:

En tódalas entradas do Teatro disponse de xel hidroalcohólico para o seu uso polo público asistente. A entrada ao Teatro farase pola porta principal de xeito escalonado.

Para evitar aglomeracións, a saída do público realizarase por tódalas portas existentes, indicando por megafonía que saída se debe empregar en función da butaca que se ocupe. Debe respetarse en todo momento a sinalización existente nas instalacións eatender ás indicacións recollidas na cartelería exposta.

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here