InicioDeportesAdrián Ben e Burela FS, emblemas da Mariña

Adrián Ben e Burela FS, emblemas da Mariña

O Presidente de Deputación felicita a Saleta Fernández, Adrián Ben e ao Burela FS polos éxitos deportivos que lograron nesta fin de semana.

Publicada o

- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, felicitou, no seu nome e no da Corporación provincial, á atleta monfortina Saleta Fernández e ao atleta viveirense Adrián Ben por conseguir tan bos resultados no Campionato Nacional que se disputou en Ourense esta fin de semana. Tamén felicitou ás xogadoras do Pescados Rubén Burela FS por conseguir a cuarta Supercopa do seu palmarés.

Fernández acadou o ouro cun salto de 1,85 metros na proba de salto de altura de pista cuberta, tras o duelo que mantivo coa andaluza Una Stancev, recentemente nomeada campioa de España sub-23. Ben pola súa banda fíxose coa medalla de bronce na final dos 800 metros, unha das probas máis esixentes do Nacional de pista cuberta. O viveirense cruzou a meta cun tempo de 1:49.50, só por detrás do vixente campión Álvai Darriba e do plusmarquista Mariano García.

As guerreiras laranxas tamén recibiron a felicitación do Presidente da Deputación logo de lograr este domingo impoñerse ao Atlético Navalcarnero en Xerez (2-1) con goles de Peque e Cami. O título é o undécimo consecutivo que conseguen as de Burela desde o 2019.

O Presidente subliñou que “o traballo, esforzo, constancia e talento” que demostran estes deportistas “son un auténtico orgullo para a nosa provincia”, e desexoulles “novos éxitos” nas súas traxectorias.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...