O Concello de Viveiro recupera a programación tradicional da Semana Santa e presenta o cartel para este 2022

“Quero trasladarlles a miña noraboa, e falo en nome do conxunto da corporación, a todos os cofrades da Irmandade do Prendimento por estes primeros 75 anos de vida", dixo a alcaldesa María Loureiro.


O Concello de Viveiro acolleu esta sábado o acto de presentación do cartel da Semana Santa 2022, unha homenaxe á Irmandade do Prendimiento polo 75 aniversario da súa fundación.

“Supoño que todos estamos dacordo en que a Semana Santa de Viveiro será este ano realmente emotiva e especial, despois da dura pandemia de coronavirus que nos tocou vivir”, afirmou a alcaldesa, María Loureiro.

A programación da Semana Santa incluirá todas as procesións e actos habituais, esperando que poida celebrarse con normalidade a respectando por suposto as medidas e recomendacións sanitarias que se atopen en vigor.

“Quero trasladarlles a miña noraboa, e falo en nome do conxunto da corporación, a todos os cofrades da Irmandade do Prendimento por estes primeros 75 anos de vida, agradecéndolles o seu traballo incansable desde 1947 para manter esta tradición secular”, apuntou a alcaldesa.

O autor do cartel é José Manuel Paleo Fernández, que leva tamén moitos anos inmortalizando a Semana Santa. “Quero por suposto animar a todos os cofrades e colaboradores da Semana Santa, despois do parón destes dous anos, a retomar a tradición máis antiga que ten Viveiro e arrimar todos o ombreiro para seguir consolidando esta celebración”, manifestou Loureiro.

Para vivir de novo con todas as súas tradicións a Semana Santa de Viveiro, “a Xunta de Cofradías traballa desde hai meses de forma incansable, polo que nunca lles estaremos o suficientemente agradecidos”, rematou a alcadesa.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here