InicioOccidentalViveiroViveiro premia os mellores disfraces do Entroido local

Viveiro premia os mellores disfraces do Entroido local

“Agradecemos a gran acollida desta cita no primeiro ano que a celebramos tras a pandemia, así como o labor do xurado para escoller ás mellores opcións. A ilusión da cidadanía de Viveiro é o motor para que o noso Entroido sexa un éxito cada ano”, sinala a alcaldesa, María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro celebrou onte o desfile de Entroido, xunto co seu correspondente certame de disfraces. Deste modo, o concello repartiu diferentes premios entre os mellores disfraces presentados este ano.

“Agradecemos a gran acollida desta cita no primeiro ano que a celebramos tras a pandemia, así como o labor do xurado para escoller ás mellores opcións. A ilusión da cidadanía de Viveiro é o motor para que o noso Entroido sexa un éxito cada ano”, sinala a alcaldesa, María Loureiro.

En categoría individual adultos, o gañador foi “Zombie”, premiado con 80 euros. Completan os premios “La Domadora”, con 60 euros; Breijo, con 50 euros e “Jorobado de Notre Dame”, con 40 euros.

En categoría parellas adultas, gañou “La Loca Academia de Sanidad”, con 100 euros; mentres que “Filla dúas veces” recolleu o segundo galardón con 80 euros e “Luisa e Mercedes” o terceiro con 60 euros.

Na categoría de grupos adultos, “Os tarambainas” recibían o primeiro premio de 300 euros, mentres que “Comuna Hippie” lograba a segunda praza con 250 euros e “Repipis” a terceira con 200 euros.

A mellor carroza foi a de “Calaquitas”, premiada con 700 euros, mentres que “Mª Jesús y el Acordéon” recibiu o segundo premio con 300 euros.

En categoría infantil individual, “Lobezno” era o mellor disfraz, con 80 euros de premio; mentres que “O Principito” era o segundo, con 60 euros de premio, e “Peliqueiro” era o terceiro, con 50 euros de galardón.

A parella “O soño das elfas” recibía o primeiro premio por valor de 100 euros. Doutra banda, entre os grupos infantís, “Circo Fofu” era primeiro, con 300 euros de galardón; “Forzudo-Tuán” eran segundos con 250 euros de premio; mentres que “La Leyenda del Qujote” e “The Playa Team” eran terceiros e cuartos, con premios de 200 e 100 euros respectivamente.

Ademais, concedeuse un premio especial ao humor, valorado en 100 euros en vales no Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro a “La Loca Academia de Sanidad”. Tamén se entregou un premio especial á orixinalidade, cun vale de 100 euros no Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro a “La Leyenda de El Quijote”. Cómpre destacar que o Concello de Viveiro concedeu dúas axudas ás carrozas “Mª Jesús y el acordeón” y a “Calaquitas”, por valor de 200 euros cada unha.

O xurado estivo formado polas modistas Josefa Méndez Lage e María Dolores Polo Casal, o decorador Jesús Atadell Ferreira; Cruz Penso Gato, de Bágoas da Terra; e Saúl Jiménez, da Asociación Centro Comercial casco Histórico de Viveiro. A secretaria do xurado foi Rosario A. Basanta Gabeiras.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...