InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro entregará os premios dos concursos de fotografía amateur...

O Concello de Viveiro entregará os premios dos concursos de fotografía amateur o sábado 26

Os premios do concurso de fotografía amateur “Mulleres e Traballos” e o de debuxo escolar “Mamá traballadora”, ambos convocados pola delegación municipal de Muller e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Viveiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro entregará odía 26 de marzo, os premios do concurso de fotografía amateur “Mulleres e Traballos” e o de debuxo escolar “Mamá traballadora”, ambos convocados pola delegación municipal de Muller e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Viveiro con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller. Será as 13:00 horas na sala multiusos do concello.

No concurso de fotografía amateur ‘Mulleres e Traballos” formaron parte do xurado José María Álvez (fotógrafo de El Progreso), Pepa Losada (fotógrafa de La Voz de Galicia), Saúl Jiménez (fotógrafo Carlos Fotógrafos) e Toño Goás (fotógrafo de Toño Goás – Entrefotos) resultando premiados:

– 1º PREMIO, dotado con 300,00 €, para a fotografía “MULLER GALEGA, TRABALLO E TEMPO” da autora SANDRA LÓPEZ LÓPEZ

– 2º PREMIO, dotado con 150,00 €, para a fotografía “AL TAJO” da autora REYES CERDÁ MIRA

– 3º PREMIO, dotado con 100,00 €, para a fotografía “TRABALLADORA DO CAMPO” do autor IAGO MANOEL SOUTO LORENZO

– PREMIO ESPECIAL DO PÚBLICO, dotado con 100 €, para a fotografía “A CULTURA SEGURA, INCLUSIVA E FEMINISTA ENCHE DE VIDA” da autora MARÍA SIMÓN CUNDÍNS

No concurso de debuxo escolar ‘Mamá traballadora’ formaron parte do xurado Lara Fernández Fernández-Noriega (concelleira Cultura e Muller), Margarita Fernández Franco (CIM Viveiro), Maria Covadonga Dopico Cachán (Biblioteca Municipal) e Paula Díaz Mejuto (artista local), resultaron premiados/as:

– 3º E.P.- BELTRÁN PERNAS PERNAS (CEP Lois Tobío)

– 4º E.P.- BEATRIZ GARCÍA FERNÁNDEZ (CPR Landro)

– 5º E.P.- ALEJANDRA RAQUEL OLIVARES ALCÁNTARA (CPR Landro)

– 6º E.P.- JUANJO BOUZA CHAO (CPR Landro)

O Concello de Viveiro deu as grazas a todos e todas as participantes, así como poñer en valor a calidade dos traballos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...