A proxección de “Valentina” atrae a unha elevada participación de público en Viveiro

A cita buscaba sensibilizar tanto á comunidade educativa como á cidadanía xeral sobre a síndrome de down.


O Concello de Viveiro celebra o éxito da proxección da película “Valentina” no día de onte, con motivo da conmemoración do Día Internacional das Persoas con Síndrome de Down, celebrado o pasado luns, 21 de marzo.

A iniciativa, organizada a través das concellerías de Cultura e Educación, reuniu durante as proxeccións da mañá a máis de 300 alumnos e alumnas dos centros educativos de Viveiro. Concretamente, asistiu o alumnado de sexto de educación infantil e de primeiro de primaria

A proxección deste filme forma parte dun proxecto moito máis amplo, como é o “Viveiro Inclúe”, unha iniciativa de inclusión pioneira na comarca e coa que impulsamos programas de fomento da inclusión no municipio”, sinala María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

A cita, celebrada no teatro Pastor Díaz de Viveiro, contou coa participación de usuarios e usuarias de ASPANANE, quen foron os encargados de presentar a proxección, falando a título persoal do que significa a diversidade funcional.

A acollida da película por parte dos nenos e nenas foi moi satisfactoria, prestando atención e recibindo a mensaxe que transmite a película. Pola tarde, a proxección abriuse ao público xeral, quen tamén puido recibir a mensaxe tan clara e directa que proxecta o filme sobre as persoas con síndrome de down.

A película Valentina logrou o premio Goya 2022 a mellor película de animación, ademais de estar dirixida pola directora galega Chelo Loureiro. O filme está protagonizado por unha nena con síndrome de down, visibilizando a vida destas persoas e facendo fincapé na importancia da inclusión.

O Concello de Viveiro agradece a implicación dos centros educativos do municipio nesta iniciativa, concretamente ao profesorado e ao alumno que gozou do filme, así como á cidadanía que se achegou na sesión da tarde.

Dende o Concello de Viveiro continuaremos na loita por unha sociedade máis igualitaria e inclusiva con iniciativas como esta que, por medio da educación, sensibilizan e conciencian sobre a síndrome de down”, sinala a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here