InicioOccidentalViveiroA Banda Naval de Viveiro recibe os parabéns do Concello polos seus...

A Banda Naval de Viveiro recibe os parabéns do Concello polos seus vinte anos de existencia

“Forman xa parte de Viveiro, a súa música está nos momentos más importantes do ano para os nosos veciños e veciñas, polo que desexo moitos máis aniversarios de música e historia para a Banda Naval de Viveiro”, asegura a alcaldesa María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro e a súa alcaldesa, María Loureiro, queren trasladar públicamente a súa noraboa á Banda Naval de Viveiro, unha agrupación musical que cumpre os seus primeiros 20 anos de historia.

Forman xa parte de Viveiro, a súa música está nos momentos más importantes do ano para os nosos veciños e veciñas, polo que desexo moitos máis aniversarios de música e historia para a Banda Naval de Viveiro; estou convencida de que así será”, asegura María Loureiro.

Ademais, a alcaldesa estende a felicitación á nova directora da banda, Inma Costa, “unha muller nova que se formou nesta banda desde os seus comezos e agora a dirixe con mestría”. Despois do parón obrigado pola pandemia, este sábado celebrouse de novo o Certame de Bandas Cidade de Viveiro, xa con Inma Costa á fronte da Banda Naval.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...