InicioOccidentalViveiroCoordinación de seguridade para o Resurrection Fest e do Viveiro Music Fest

Coordinación de seguridade para o Resurrection Fest e do Viveiro Music Fest

Co fin de garantir a súa seguridade, o Concello de Viveiro convocou unha reunión técnica, á que asistiron representantes dos corpos e forzas de seguridade, persoal municipal e representantes da organización, co fin de avaliar as medidas a adoptar de cara á súa celebración.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro celebrou no día de hoxe unha reunión de seguridade con motivo da celebración do Viveiro Music Fest e a primeira das reunións en relación co Resurrection Fest. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, participou en ambas xuntanzas de traballo.

O Viveiro Music Fest terá lugar o vindeiro 8 de abril no campo de Fútbol de Lavandeiras, organizado pola Asociación A Medorra en colaboración co Concello de Viveiro. Co fin de garantir a súa seguridade, o Concello de Viveiro convocou unha reunión técnica, á que asistiron representantes dos corpos e forzas de seguridade, persoal municipal e representantes da organización, co fin de avaliar as medidas a adoptar de cara á súa celebración.

Tamén tivo lugar no día de hoxe a primeira das reunións de seguridade que se convocarán antes da celebración do Resurrection Fest, coa presenza tamén de corpos e forzas de seguridade, persoal municipal e representantes da organización, para coñecer detalles desta nova edición do festival e coordinar a súa seguridade.

Ademais, o próximo luns, 4 de abril, terá lugar unha Xunta Local de Seguridade, coa subdelegada do Goberno en Lugo, María Isabel Rodríguez López, que inclúe na súa orde do día, entre outras cuestións, os dispositivos de seguridade con motivo do Viveiro Music Fest e a Semana Santa de Viveiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...