InicioOccidentalViveiroViveiro promove unha iniciativa para a desestacionalización do turismo e as compras

Viveiro promove unha iniciativa para a desestacionalización do turismo e as compras

“Falamos primeiro coa Asociación de Comerciantes do Casco Histórico e pareceulles unha boa idea, polo que convocouse unha reunión con todos os establecementos hoteleros para explicarlles en que consiste”, afirma Marisol Rey, concelleira de Turismo.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro, a través da súa concellería de Turismo, impulsa coa colaboración da Asociación de Comerciantes do Casco Histórico unha iniciativa de descontos e promocións durante os meses de febreiro e novembro.

“Falamos primeiro coa Asociación de Comerciantes do Casco Histórico e pareceulles unha boa idea, polo que convocouse unha reunión con todos os establecementos hoteleros para explicarlles en que consiste”, afirma Marisol Rey, concelleira de Turismo.

A proposta é para os meses de febreiro e novembro, que son os máis baixos de turismo e actividade comercial, realizando descontos á xente que se hospede, compre ou consuma nos establecementos que queiran colaborar (bares, tendas, cafeterías, perruquerías, etcétera).

En palabras da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, “trátase de desestacionalizar o turismo e as compras nos meses de menor ocupación e gasto, con paquetes de fin de semana e outras actividades que potencien os nosos atractivos, o Camiño do Mar e a nosa gastronomía”.

En xeral, aos hosteleiros asistentes á primeira reunión pareceulles unha moi boa idea e vaise facer outro encontro para concretar todo en setembro, como o nome da iniciativa ou como se vai facer o tema dos bonos.

Cando se poña en marcha de forma definitiva, tanto o concello como as asociacións de comercio e hospedaxe activarán unha campaña de difusión e promoción desta iniciativa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...