InicioOccidentalViveiroNova campaña de control da gaivota patiamarela en Viveiro

Nova campaña de control da gaivota patiamarela en Viveiro

“Este servizo redunda no beneficio tanto da cidadanía como dos animais, garantindo o seu coidado. Esta cuarta campaña iníciase tras os éxitos das edicións anteriores, que avalan a satisfacción dos veciños coa iniciativa”, afirma María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro pon en marcha, un ano máis, o servizo gratuíto para o control da poboación urbana da gaivota patiamarela e a pomba común para a campaña de nidificación deste ano. Viveiro foi un dos concellos pioneiros en prestar este servizo, que inicia en 2022 a súa cuarta campaña no municipio.

O obxectivo xeral que persegue este servizo é mellorar a calidade de vida da veciñanza de Viveiro, realizando unha correcta xestión da poboación destas aves para previr e evitar o crecemento desmesurado da mesma, provocando posibles pragas e problemas de salubridade pública, á vez que se asegura o benestar desta especie.

“Este servizo redunda no beneficio tanto da cidadanía como dos animais, garantindo o seu coidado. Esta cuarta campaña iníciase tras os éxitos das edicións anteriores, que avalan a satisfacción dos veciños coa iniciativa”, afirma María Loureiro, alcaldesa de Viveiro. Na campaña de 2021, revisáronse 346 tellados e retiráronse os 285 niños localizados, 537 ovos e 76 polos.

O servizo busca a redución e desprazamento da poboación de gaivotas que colonizou o medio urbano, facendo uso do mesmo para alimentarse dos refugallos xerados e colonizando os tellados para situar as súas zonas de cría. Esta situación xera unha serie de problemas para a cidadanía, como ruídos, malos cheiros, danos nos tellados e mesmo ataques ao ser humano.

Así mesmo, preténdese reducir a presencia da pomba común no concello de Viveiro, cunha poboacion estimada ao comezo do servizo de 250 exemplares, durante o prazo de duración do servizo (2021-24). Este servizo consistirá na instalación de xaulas de captura en distintos puntos para a retirada directa de exemplares adultos, para o que se precisa da colaboración veciñal para a instalacion temporal das mesmas.

A partir do mes de maio comezarase coa retirada de niños de gaivota, finalizando o control dos tellados con problemas no mes de agosto, realizando un mínimo de dúas visitas a cada tellado afectado, para impedir o nacemento das postas. As intervencións consistirán na visita á propiedade afectada por dous técnicos que procederán a realizar unha revisión ocular do tellado afectado e á retirada dos niños atopados e do seu contido (ovos, pitos). Posteriormente, realizarase o mesmo proceso cun mes de diferenza entre visitas.

Dende o Concello de Viveiro, pídese a máxima colaboración tanto da veciñanza afectada como de quen detecte algún problema dos referidos. Os resultados do servizo dependerán en gran medida da colaboración da cidadanía, favorecendo a mellora da calidade de vida no municipio e xestionando adecuadamente estas especies ca realización dun servizo de control poboacional basado no benestar animal.

As persoas que así o desexen poderán solicitar o servizo a través dos seguintes teléfonos de contacto:

-Concello de Viveiro: 982562968

-Larus Control (empresa concesionaria): 689 838 359 ou laruscontrol@hotmail.com

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...