InicioOccidentalViveiroAs obras de mellora na estrada Viveiro-Cabreiros suporá un investimento autonómico de...

As obras de mellora na estrada Viveiro-Cabreiros suporá un investimento autonómico de 13,4 millóns de euros

A actuación prevé a dotación de terceiros carrís nun total de 4,6 quilómetros de lonxitude entre os dous carrís, o que significa duplicar a lonxitude dos carrís adicionais existentes, chegando aos preto de 10 quilómetros.

Publicada o

- Advertisement -

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, destacou este mércores o inicio do período de información pública da mellora da estrada Viveiro-Cabreiros, que suporá un investimento autonómico de 13,4 millóns de euros e acurtará o tempo de percorrido ao duplicar a extensión de terceiros carrís.

Vázquez Mourelle, co delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, presentou en rolda de prensa este proxecto, que estará en fase de información pública, para que os interesados poidan facer as súas achegas, desde este mércores e ata o 16 de xuño.

Despois seguirase avanzando nos trámites necesarios co obxectivo de licitar a primeira fase das obras, que abarcarán os concellos de Viveiro e Ourol, onde a actuación é máis intensa, a finais deste ano.

Ethel Vázquez detallou que os obxectivos da actuación son reforzar a competitividade territorial das comarcas da Mariña e da Terra Cha, mellorar a seguridade viaria dos condutores e ofrecerlles aos veciños desprazamentos máis cómodos e rápidos.

Para iso, explicou, mellorarase a capacidade e acondicionarase un treito de case 35 quilómetros da estrada LU-540 entre Viveiro-Cabreiros, concretamente, entre o punto quilométrico 5 e o 39,5.

INTERVENCIÓN

Actualmente, a conexión entre Viveiro e a AG-64 en Cabreiros, é dicir, coa rede viaria de altas prestacións para conectar con Lugo e con Ferrol, realízase a través dun itinerario de 40 quilómetros pola estrada LU-540 que require dun tempo aproximado de percorrido de 35 minutos.

O tramo interurbano da estrada, a partir do punto quilométrico 5, unha vez pasado Landrove, presenta unha alta porcentaxe de prohibición de adiantamento, dun 73% en sentido Lugo e dun 83% en sentido Viveiro, e ten curvas de radio bastante reducido.

Fronte á situación actual, Ethel Vázquez remarcou que a Xunta realizou un proxecto que aumentará a capacidade da vía e reducirá os tempos de percorrido mediante a implantación de carrís adicionais de adiantamento.

A actuación prevé a dotación de terceiros carrís nun total de 4,6 quilómetros de lonxitude entre os dous carrís, o que significa duplicar a lonxitude dos carrís adicionais existentes, chegando aos preto de 10 quilómetros.

Tamén se optimizará a seguridade viaria nas 9 principais interseccións para reducir os riscos con actuacións puntuais e efectuarase unha mellora puntual do trazado entre os puntos quilométricos 5 e 8, un tramo que se dotará de cuneta de seguridade.

Ademais rectificaranse as curvas máis complicadas, ampliando os radios, de modo que todo o trazado permita circular a 90 quilómetros por hora.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...