Viveiro continúa co seu programa de envellecemento activo con ximnasia para maiores de 65 anos

As clases terán lugar os martes, de 11:00 a 12:00 horas, no pavillón municipal e impartidas por monitores profesionais.

Concello de Viveiro. GALIPEDIA/XOSEMA

O Concello de Viveiro dálle continuidade ao programa de envellecemento activo, con clases gratuítas de ximnasia de mantemento dende o próximo martes 10 de maio ata o martes 28 de xuño.

As clases terán lugar os martes, de 11:00 a 12:00 horas, no pavillón municipal e impartidas por monitores profesionais.

A primeira fase desta actividade tivo un grande acollida, polo que o programa comezará cos participantes da edición anterior, ao tempo que se abre un novo período de inscricións no que poidan sumarse á actividade máis veciños e veciñas.

As persoas interesadas en participar deben anotarse, facilitando nome e apelidos e un número de teléfono de contacto, chamando ao teléfono 982.55.04.21, sendo requisitos necesarios para participar estar empadroado/a no Concello de Viveiro e ter máis de 65 anos. O prazo para apuntarse remata o venres 13 de maio.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here