InicioOccidentalViveiroO BNG de Viveiro critica que non se aprobase en pleno a...

O BNG de Viveiro critica que non se aprobase en pleno a reapertura de aseos públicos na vila

O BNG lembra que hai un ano presentara unha moción para abrir o Templete ante a intención do Concello de iniciar os trámites para dita apertura.

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Viveiro levou a pleno a proposta de reapertura e habilitación de aseos públicos na vila. O grupo municipal nacionalista criticou nunha nota de prensa a postura do PSOE viveirense de votar en contra.

En dita nota de prensa a concelleira do BNG, Miriam Bermúdez, sinala que durante o pleno celebrado onde se presentou a iniciativa, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, “indicou que implicaría mantemento e limpeza, tachando de tarefa imposible co persoal do que dispón o Concello”.

Seguidamente, o BNG apuntou que a alcaldía anunciou o inicio de trámites “para que as instalacións do templete pasen a ser titularidade municipal” mais “a alcaldesa non quixo aclarar as datas deste trámite”. O BNG lembrou que hai un ano presentara unha moción para a reapertura da edificación.

Durante o pleno tamén se anunciou o comezo dos trámites de cooperación coa Comunidade de Montes de San Roque para que os aseos situados neste lugar permanezan abertos. O BNG di que estará atento para que “estas xestións sexan máis áxiles que as do Templete”.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...