O BNG de Viveiro pide a creación dunha pista de skate na vila para as persoas practicantes deste deporte

O BNG viveirense pide a construción da pista de skate tamén para que practicantes deste deporte non teñan que desprazarse fóra da vila.


O BNG de Viveiro reclama a construción dun skate park na localidade ante a “demanda histórica nunha vila con moita cultura tanto no mundo do surf como do skate”. A demanda presentárase en agosto de 2021 e “saíu aprobada coa mención unánime da corporación sobre os éxitos dos nosos surfistas”.

O grupo local nacionalista sinala que a día de hoxe “non se coñece ningún trámite neste sentido, polo que parece que o goberno non debeu decidirse aínda”. Nese sentido apuntan que o goberno municipal “segue sen poñer os medios necesarios” para o adestramento de skaters e tamén segue “sen crear escolas de base” co obxectivo de atraer e animar aos máis novos interesarse por este deporte.

En tal caso, o BNG viveirense pide a construción da pista de skate tamén para que practicantes deste deporte non teñan que desprazarse fóra da vila.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here