O PP de Viveiro “agradece” á Xunta a “paciencia de esperar tres anos” a que o Concello redactara o proxecto do campo de Celeiro

A Xunta destinou 40.000 euros para o campo de Celeiro dun total de 120.000 no que participa a Deputación de Lugo e o Concello de Viveiro coas mesmas cantidades cada un.


O portavoz do PP en Viveiro, Óscar Rodríguez, declarou que foron necesarios “tres anos para que o Concello, pilotado por Loureiro, elaborase o necesario proxecto técnico” para o campo de fútbol de Celeiro. Rodríguez sinala que o acordo asinouse entre tres partes: Concello, Deputación e Xunta, para acometer as obras indicadas. A aportación de cada administración ascende a 40.000 euros.

Segundo Óscar Rodríguez “a obra de mellora do campo de fútbol de Celeiro é importante, porque carece de algo tan necesario como son vestiarios e duchas para os equipos e para os árbitros”. Ademais disto, sinala que o goberno local foi “incapaz ata agora de ter acabado o correspondente e necesario proxecto técnico”

O portavoz popular no Concello explicou que o  secretario xeral de Deportes, José Ramón Lete, confirmou a aportación de 40.000 euros para as obras no campo de fútbol de Celeiro. Rodríguez tamén di: “Unha vez máis está clara a falta de capacidade de xestión do goberno presidido por Loureiro”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here