InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro acolleu a entrega dos XI Premios ao mellor...

O Concello de Viveiro acolleu a entrega dos XI Premios ao mellor Xoven Empresario e á mellor Iniciativa Emprendedora de Galicia

"Celebro que unha vez máis Viveiro sexa na xornada de hoxe un lugar de encontro e diálogo para o sector económico e empresarial de Galicia grazas a este evento", manifestou María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro acolleu este pasado venres, no Teatro Pastor Díaz, a gala de entrega dos XI Premios ao mellor Xoven Empresario e á mellor Iniciativa Emprendedora de Galicia. O certame está organizado pola Asociación de Xoves Empresarios de Galicia.

“Celebro que unha vez máis Viveiro sexa na xornada de hoxe un lugar de encontro e diálogo para o sector económico e empresarial de Galicia grazas a este evento”, manifestou María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

O premio a mellor xoven empresario recolleuno Mi Chollo, mentres que a mellor iniciativa foi para ARX Space.  O accésit de Innovación foi para Innogando; o de responsabilidade social empresarial para ADS Tecnologías e o de creación de emprego para Medrar Smart. 

Os premios cumpren este ano a súa XI edición, sendo unha referencia para os mozos emprendedores/as de Galicia e contribúen coa súa realización á difusión da cultura emprendedora e o apoio ás novas xeracións empresariais, que son o futuro económico de Galicia.

Neste sentido, a alcaldesa de Viveiro reivindicou a importancia do emprendemento e da iniciativa xove, “nunha Galicia que aposte pola formación e a I+D, por unha política de reindustrialización poderosa e que aproveite o talento novo para a recuperación dos sectores produtivos ameazados”, rematou.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...