InicioOccidentalViveiroViveiro pon en marcha o programa "O Deporte non Ten Xénero" para...

Viveiro pon en marcha o programa “O Deporte non Ten Xénero” para a visibilización do deporte feminino

A concelleira de Muller, Lara Fernández Fernández-Noriega sinala que a iniciativa busca “sensibilizar e divulgar sobre a presenza feminina no deporte, rachando así cos estereotipos asociados ao deporte feminino”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro, a través da concellería de Muller, propón o proxecto “O deporte non ten xénero”, en colaboración co Centro de Información á Muller. A iniciativa, dirixida á mocidade, busca dar achegar ás mulleres a distintos deportes, a través de charlas e clases deportivas gratuítas.

A primeira cita deste programa será sobre o surf, con Viveiro Surf Escola. Así, o mércores 22 de xuño organizarase unha charla sobre “A muller e o surf”, na sala multiusos do Concello de Viveiro. A cita será ás 20:00 e contará coa participación das deportistas Claudia Prieto e Lucía Martínez, quen contan cunha exitosa traxectoria no surf.

Ao día seguinte, o xoves 23 de xuño, ofrecerase unha clase de surf, dirixida a todas as mulleres que desexen participar. A formación será gratuíta, pero as prazas son limitadas, polo que cómpre reservar no teléfono 982550421.

“Durante todo o ano impulsamos diferentes iniciativas en materia de igualdade, cun importante esforzo na mocidade. Con esta proposta queremos chegar a un novo terreo, o deporte, onde por desgraza aínda existen moitos estereotipos”, sinala a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Pola súa parte, a concelleira de Muller, Lara Fernández Fernández-Noriega sinala que a iniciativa busca “sensibilizar e divulgar sobre a presenza feminina no deporte, rachando así cos estereotipos asociados ao deporte feminino. Agardamos que as mulleres se sumen a esta actividade e coñezan ademais deportes distintos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...