InicioOccidentalViveiro"Constelación Luz", exposición en Viveiro en homenaxe á filla adoptiva da vila...

“Constelación Luz”, exposición en Viveiro en homenaxe á filla adoptiva da vila Luz Pozo Garza

A inauguración celebrouse na Biblioteca e Arquivo de Galicia, situada na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. A mostra percorre en cen pezas a traxectoria desta poeta, quen ten un especial vínculo coa vila de Viveiro.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, asistiron onte á inauguración da exposición “Constelación Luz. Luz Pozo Garza (1922-2022), poesía, arte e vida”, dedicada á poeta Luz Pozo Garza, no centenario do seu nacemento.

A inauguración celebrouse na Biblioteca e Arquivo de Galicia, situada na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. A mostra percorre en cen pezas a traxectoria desta poeta, quen ten un especial vínculo coa vila de Viveiro.

Así, Luz Pozo Garza foi nomeada en 2018 filla adoptiva de Viveiro, en homenaxe á súa importante traxectoria literaria así como á súa vinculación coa vila. A poeta medrou en Viveiro, onde tamén impartiu clases e cuxa cidadanía aprecia á escritora.

“Pozo Garza é un dos grandes referentes das nosas letras, ademais dun exemplo para as mulleres no eido cultural, por ser unha das poetas pioneiras nunha época na que a literatura feminina aínda era complicada”, sinala María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

Ademais, onte, 9 de xuño, celebrouse o Día Internacional dos Arquivos, coincidindo con esta visita das representantes municipais ao Arquivo de Galicia.

“Un día no que cómpre resaltar a importancia dos arquivos para manter a nosa memoria, tradición e cultura, como fontes e rexistros das experiencias dos nosos devanceiros”, engade a alcaldesa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...